Inicio » Todas los catálogos » Ciclos Formativos » Administración y Gestión » Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

Portada del libro Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

  • Libro en papel

  • 26361,00

  • ¡ENVIO GRATIS!

  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar

  • Caracteristicas

    • Sistema educativo: LOE
    • Impresión: Color
    • Páginas: 284
    • Formato: 21 x 24 cm
    • Edición: 2016
    • Peso: 0,76 kg.
    • Editorial: Paraninfo
    • Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

    • 9788497329828
    • MODESTO ROZAS LOZANO

    • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Auxiliares de Xestión de Tesouraría, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.


      Operacións auxiliares de xestión de tesouraría iníciase cunha introdución ao sistema financeiro español que facilita o coñecemento dos instrumentos e mercados, así como das institucións que operan en dito sistema.


      A continuación, trátanse os medios de cobramento e pagamento, e diferentes elementos de control de tesouraría. Deseguido, explícanse os cálculos propios das operacións financeiras, desde as leis de capitalización simple e composta ou o desconto comercial, ata as rendas e a liquidación de préstamos. O libro remata cunha parte dedicada ás operacións de seguros.


      Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades resoltas e exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación (tests para a toma de conciencia do grao de dominio da materia), e de ampliación (casos propostos con solución final). Así mesmo, achéganse ao longo das diferentes unidades actividades propostas, para que o profesor dispoña dunha ferramenta adicional que complemente a explicación teórica.


      En definitiva, Operacións auxiliares de xestión de tesouraría contén a formación necesaria para habilitar o alumnado para a realización das operacións administrativas propias do procedemento de xestión de tesouraría necesarias para a adecuada dirección financeira da empresa.

       


      O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Formación Profesional e Bacharelato da rama Administrativa. Ademais, desempeñou cargos directivos durante varios anos e, actualmente, compaxina a actividade docente coa Coordinación de Programas Internacionais, xestionando prácticas laborais no estranxeiro para alumnos de ciclos formativos.

    • $26361,00

    • ¡ENVIO GRATIS!

    • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar
    • eBooks disponibles

    Bloque I. O diñeiro e o sistema financeiro español.
    1.
    O diñeiro; 2. O sistema financeiro español.

     

    Bloque II. Tesouraría da empresa e o seu control.
    3.
    Medios de cobramento e pagamento; 4. Control de tesouraría.

     

    Bloque III. Lei financeira de capitalización simple.
    5.
    Cálculo financeiro a xuro simple; 6. Desconto comercial e equivalencia financeira.

     

    Bloque IV. Lei financeira de capitalización composta.
    7.
    Cálculo financeiro a xuro; 8. Aplicacións da capitalización composta.

     

    Bloque V. Operacións bancarias (I).
    9.
    Operacións pasivas: contas correntes; 10. Operacións activas: contas de crédito.

     

    Bloque VI. Operacións bancarias (II).
    11.
    Rendas; 12. Amortización de préstamos.

     

    Bloque VII. Produtos e servizos de seguros.
    13.
    Seguros e empresa.

    El libro pertenece a los siguientes catálogos

    Sala de prensa