Portada del libro A técnica contable

A técnica contable

  • Libro en papel

  • 27951,00

  • ¡ENVIO GRATIS!

  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar

  • Caracteristicas

    • Sistema educativo: LOE
    • Impresión: Color
    • Páginas: 332
    • Formato: 21 x 27 cm
    • Edición: 2016
    • Peso: 0,88 kg.
    • Editorial: Paraninfo
    • A técnica contable

    • 9788428338325
    • ÁNGEL MANUEL LÓPEZ CAMEAN

    • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Técnica Contable, incluído no Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.


      Ao longo de dez unidades aséntanse as bases da metodoloxía contable mediante o recoñecemento dos elementos que integran o patrimonio dunha organización económica, a súa clasificación en masas patrimoniais, a aplicación do Convenio de cargo e aboamento e do Método da partida dobre, e a identificación do contido básico do Plan Xeral de Contabilidade de pequenas e medianas empresas que permitirán entender o mecanismo dos rexistros necesarios para a elaboración dos libros contables e a formulación das contas anuais.


      Deseguido, apréndense a contabilizar as operacións de gastos e ingresos, as relativas ao inmobilizado, e as operacións financeiras que se levan a cabo na xestión empresarial, para finalmente proceder a realizar os axustes contables no peche do exercicio. Para rematar, preséntanse aplicacións informáticas específicas para a contabilización dos feitos contables, valorando a súa eficiencia na xestión do plan de contas.


      Así mesmo, cada unidade inclúe numerosas actividades resoltas, exemplos, esquemas, táboas, figuras, cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades fi nais de comprobación, de aplicación, e de ampliación que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.


      En definitiva, A técnica contable contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral.

       

       

      O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor en activo no corpo de profesores técnicos de formación profesional con máis de dez anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos e de Formación para o Emprego da familia de Administración e Xestión. Ademais, é especialista no emprego de aplicacións informáticas e no desenvolvemento das novas tecnoloxías orientadas á xestión empresarial.

    • $27951,00

    • ¡ENVIO GRATIS!

    • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar
    • eBooks disponibles

    1. Introdución á contabilidade; 2. Patrimonio empresarial; 3. Metodoloxía contable; 4. Plan Xeral de Contabilidade; 5. Gastos e ingresos na xestión empresarial; 6. Compras e vendas de existencias; 7. Inmobilizado; 8. Fontes de financiamento; 9. Peche do exercicio; 10. Contabilidade informatizada.

    El libro pertenece a los siguientes catálogos

    Sala de prensa