Inicio » Todas los catálogos » Ciclos Formativos » Administración y Gestión » Operacións administrativas de compravenda

Portada del libro Operacións administrativas de compravenda

Operacións administrativas de compravenda

  • Libro en papel

  • 26545,00

  • ¡ENVIO GRATIS!

  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar

  • Caracteristicas

    • Sistema educativo: LOE
    • Impresión: Color
    • Páginas: 282
    • Formato: 21 x 27 cm
    • Edición: 2016
    • Peso: 0,76 kg.
    • Editorial: Paraninfo
    • Operacións administrativas de compravenda

    • 9788428338073
    • JOSEFA CARMEN BARREIRO VELOSO

    • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Administrativas de Compravenda, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.

       

      Operacións administrativas de compravenda aborda a actividade dunha empresa comercial. Comeza presentándolle ao alumnado a empresa segundo diferentes enfoques, como a forma xurídica ou o contorno onde se desenvolve a actividade empresarial, e continúa identificando a  documentación que xera a actividade de compravenda e as obrigas do comprador e vendedor. Tamén analiza os custos derivados da xestión comercial, a tributación das operacións mercantís e o cumprimento das obrigas periódicas de presentar as declaracións da empresa na Axencia Tributaria.

       

      Deseguido, identifica os métodos de control de existencias, os tipos de stocks e a xestión de inventarios. Analiza os medios de cobramento e pagamento habituais na empresa, e os documentos xustificativos dos mesmos. Recoñece tamén a importancia da calidade do proceso administrativo e finaliza co desenvolvemento da xestión integrada de compravenda mediante unha aplicación informática.

       

      Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas
      actividades propostas, resoltas, exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación, de aplicación e de ampliación. Así mesmo, achéganse numerosos documentos mercantís e outros documentos oficiais como contratos ou impresos de liquidacións fiscais, co asesoramento dos regulamentos e leis que rexen as actuacións empresariais, que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.

       

      En definitiva, Operacións administrativas de compravenda contribúe a que se
      adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral, aplicando os protocolos establecidos pola empresa.

       

       

       

      A autora, Perito Mercantil, cursou estudos nas escolas superiores de Comercio de Vigo e Cádiz. É profesora titular do Departamento de Administrativo no IES Escolas Proval de Nigrán e conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión.

    • $26545,00

    • ¡ENVIO GRATIS!

    • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar
    • eBooks disponibles

    1. A empresa comercial; 2. O contrato de compravenda; 3. O proceso de compra; 4. O Imposto sobre o valor engadido (IVE); 5.  A facturación; 6. Réximes especiais de IVE; 7. Xestión de aprovisionamento; 8. Valoración e inventarios; 9. Medios de cobramento e pagamento; 10. O proceso de compravenda informatizado.

    El libro pertenece a los siguientes catálogos

    Sala de prensa